|
Spaggiari
|
 |
« Respuesta #1 : 25 de Junio de 2009, 14:13:59 » |
|
Aquí dejo algo de información acerca de los grupos asistentes:
CREMA DE GAITA
É un grupo folk con insignia distintiva que abraza formas pouco convencionais na música folk concibida en Galicia, achegándose aos ritmos latinos como son o tango, o tumbao, os boleros, as habaneras ou a bossa nova, xa que entende que Galicia posúe uns lazos culturais máis estreitos con Latinoamérica, a causa do fenómeno da emigración, que con outras culturas atlánticas que se tenden a fusionar habitualmente coa música galega.
Sen embargo, Crema de gaita non rexeita as influencias euroatlánticas nin versións de temas da música tradicional galega, para demostrar as múltiples posibilidades que ofrece a gaita en numerosos estilos, fuxindo así do tópico no que está encadrada na actualidade.
Aposta por un estilo orixinal e transgresor no que conflúe a música tradicional, popular e culta, nun intento de irmandar as diferentes culturas que conviven na actualidade. Este eclecticismo musical é froito do percorrido dos membros do grupo en diferentes ámbitos, como as bandas de música, orquestras, formacións tradicionais galegas e conservatorios, e todo tipo de grupos, jazz pop, rock, electrónica.
TANTO NOS TEN
As letras dos seus temas, a parte de tradicionais, tamén son propias, onde o escarnio e o saber popular complementan aos ritmos bailables coma, pasodobles, muiñeiras, mazurcas ou fox-trotes, que fan de Tanto Nos Ten un grupo de música dinámico e divertido.
TIRULEQUE
Nace como consecuencia das inquedanzas musicais de seis rapaces, todos eles chegados do mundo da música tradicional. Bebendo nas fontes desa tradición musical galega, tanto a través de recollidas como recurrindo aos cancioneiros, pero tendo tamén presentes outras moitas influencias, o grupo tenta fuxir de “etiquetas” que limiten a súa capacidade creativa, sentíndose simplemente identificado co termo “música galega” nun intento de clasificar o seu estilo..
SKARNIO
Depois de editar dous traballos, "A filosofia da acción da guerrilha urbana"(1999) e "Arredista"(2003) comezan a ser unha das bandas a destacar, actuando para moitas e diversas causas, desde independentistas a solidárias como o movemento antifascista en xeral. Agora editan " O NOSSO CAMINHO"(2008) disco no que mostran toda a sua andadura musical ao longo de 12 anos. Neste disco colabora gente como Juantxo “Skalariak”, Almudena “Transilvanians”, Mini “A Quenlla”, Senem “Xenreira”... Autoproducido baixo o nome de "Arredista produccións" e registrado baixo a licencia de Copyleft-Creative commons..
PUTA MISERIA
Que despues de 3 años desaparecidos se vuelven a juntar para tocar en Sons Da lameira.
APHONNIC
Después de dos discos editados SILENNCE (PAI MÙSICA-2003) y FOOLPROOF (Autoedición -2006), Aphonnic presenta su tercer disco 6BAJOPAR.
Un nuevo trabajo que no dejará de sorprender en cada uno de sus cortes, ya no sólo por la calidad de los mismos, sino por su nueva y firme apuesta musical. Si nos tenían acostumbrados a unas letras contundentes en inglés ahora dejan paso a una mayor explosión de contenidos en castellano. Después de su última gira por toda la península y con más de 50 conciertos a sus espaldas, compartiendo escenario con grupos como (Hamlet, Sober, Skizoo, Habeas Corpus, Skundf, Terroristars, Estirpe, Tenpel, Kannon, Boikot y un largo etc. Dos videoclips editados Little Girl de su primer CD Silennce y Hugo Box de su reciente Foolproof, ambos realizados por Jorge Coria, director con quien ya habían colaborado en la realización de la banda sonora de la película El año de la garrapata con una versión del “Bienvenidos” de Miguel Ríos.
ROJO 2
Banda viguesa, do barrio de coia, co único obxectivo de facer hardcore dunha maneira agresiva e reinvindicativa, tentando sempre expoñer as súas ideas de forma clara e directa dentro do caos mediático no que se atopa hoxe en día a sociedade actual.Rojo 2 é una banda de hardcore que pretende mostrar frescura e dinamismo coa maior contundencia posible en directo.
|