www.minhoreggaesplash.com
Actividades e talleres gratis a partir das 11 horas
Concertos a partir das 21 horas
* horarios de portugal
ESCENARIO
* a partir das 21 horas
BENJAMMIN (UK)
Nacido en Londres e crecido en Brighton, onde fórmase coma MC colaborando
con sound systems de reggae locais a finais dos oitenta. Durante anos traballou
unha gran variedade de estilos vocais, dende o roots máis profundo ata o
raggamuffin ou o soul. Benjammin tamén é un recoñecido saxofonista e frautista
reggae-funky dende os seus comezos. No MR Spalsh ! poderemos disfrutar deste
gran artista de recoñecemento mundial a través dun espectáculo no que interpretará
os seus clásicos coma vocalista e saxofonista.
BUSH DOCTORS (CORUñA)
Estamos ante a primeira banda de reggae en Galicia. Bush Doctors naceu na Coruña
no ano ‘94, acadando en pouco tempo un recoñecemento o ser apadrinados por
Rita Marley e Sister Carol. No MR Splash ! poderemos difrutar do novo espectáculo
que Bush Doctors vai presentar esta nova tempada, cargado de roots e early reggae.
ZAMARAMANDI (VIGO)
Contamos cunha das bandas máis activas do panorama nacional. Zamaramandi créase
no ano ‘08 en Vigo e non deixan de sorprender aló onde actuan pola frescura e calidade
da banda, e pola súa particular visión do reggae. No MR Splash ! difrutaremos do roots
máis clásico cargado de atmósferas dub o máis puro estilo xamaicano.
SELASSIE SOUND SYSTEM (SANTIAGO)
Unha das sound system máis activas da escena nacional, Selassie Sound System ven
dende Santiago para quentar o ambiente do MR Splash ! co mellor roots, dub e raggamuffin.
+ After party en a praia da lenta, a partir das 03:30 horas
ACTIVIDADES DEPORTIVAS
* a partir das 11 horas
Sendeirismo, Sendeiro de pescadores do Minho, dende Vila Nova de Cerveira ata O Rosal (As aceñas)
Escalada deportiva para nenos e adultos
SHOWS NA RúA
* a partir das 15 horas
Circo escarranchado, No MR Spalsh ! contamos cunha das parellas máis divertidas e espectaculares da Galicia. Clown e malabares ... para non perderlo.
Percusión na rúa, diferentes percusionistas porán ritmo africano e afro-baiano as rúas de Vila Nova de Cerveira
Reggae na rúa, artistas amenizarán a praza do municipio a ritmo de reggae
TALLERES
* a partir das 15 horas
Percusión e artes circenses